Monthly Archives: Setembro 2012

O anel do Rei Salomón 3: A necesidade de significar, de facer saber.

O home ten a necesidade de almacenar, intercambiar e transmitir información. Ten a necesidade de comunicarse en todos os ámbitos da cultura e do coñecemento. E aí estamos nós. Ogallá poideramos uar o anel do rei Salomón, aquel que según a lenda, lle outorgaba sabiduría e lle permitía comunicarse coas bestas.

Mais non é así. Por iso a linguaxe non pode deixar de significar, de facer saber. A palabra é a base da comunicación mestre- alumno, é o piar do coñecemento e do proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Si un texto coma o seguinte:

A actividade económica é o conxunto de actividades que o ser humano realiza para satisfacer as súas necesidades, tanto básicas  coma non básicas .Con estas actividades obtemos bens e servizos. As empresas obteñen bens e servizos para que o ser humano satisfaga as súas necesidades.

 Coas correspondentes preguntas ( fáciles de contestar para calquera rapaz de ESO):

  • Que é a actividade económica?
  • Que 2 tipos de necesidades hai?
  • Que obtemos con estas actividades?
  • Que obteñen as empresas?
  • Para que ?

O traducimos a un idioma imaxinario coma este:

A ramoneda sortiza é o compo de ramonedas que o tropo trona para roceter as súas peteas, tanto vestas coma non vestas. Con estas ramonedas gapamos trans e trons. As metisas gapan trans e trons para que o tropo rocete as súas potas.

 Eses mesmos alumnos serían quen de contestar ás seguintes cuestións tamén de xeito sinxelo:

  • Que é a ramoneda sortiza?
  • Que 2 tipos de peteas hai?
  • Que gapamos con estas ramonedas?
  • Que gapan as metisas?
  • Para que ?

Teremos que ir na busca do tan preciado anel para acadar a aprendizaxe significativa, tamén tan desexada.

O anel do Rei Salomón 2: linguaxe e cultura

O prezo que temos que pagar por falar: atafegarse (1). E non é broma, o resto de animais poden respirar e beber ao mesmo tempo. Foron necesario millóns de anos de evolución para que o home – e a muller – poidera chegar a falar – e atafegarse- , pero sobre todo para comunicar.

E así, por fin, o home falou, comunicouse, progresou e creou cultura. Sen linguxe, non hai cultura. Poderiamos decir que nos cimentos da cultura, incluso de toda organización social,  está a linguaxe. Poderiamos afirmar que unha e outra están feitas do mesmo material (2)

A linguaxe construía cultura e transmitía coñecemento. Os contadores de contos eran unha peza básica  no entramado social e cultural dos pobos primitivos. Coa linguaxe escrita, damos un paso adiante.

Os profesores somos coma eses contadores de contos primitivos. Intentamos transmitir cultura e que esta se interiorice por parte dos alumnos. Falamos, moito ( é necesario ),… ás veces demasiado ( eu, o primeiro ). Pero os alumn@s  teñen tamén que utilizar a linguaxe en todas súas versión ( gráfica, cartográfica, matemática, oral, escrita …)

A  seguinte pregunta leva consigo a resposta: ¿Terá, xa que logo, relevancia a competencia lingüística na área de CC.SS. – ou en calquera outra?

(1) Arsuaga, J.L. e Martinez, I.: La especie elegida, 1998

(2) “ Da  linguaxe pode decirse que é unha condición da cultura, porque o material de que a linguaxe está feita é do mesmo tipo que o material do que está feita toda a cultura” (Lévi-Strauss, Claude, Antropoloxía estrutural, 1963 )

O anel do Rei Salomón 1: A COMPETENCIA LINGÜÍSTICA NO CURRÍCULO DE CC.SS.

Isto é o que se di no currículo oficial de ESO ( Decreto 133/2007) sobre o que é unha competencia:

“Unha posible definición de competencia básica podería ser a capacidade de poñer en práctica de forma integrada, en contextos e situacións diversos, os coñecementos, as habilidades e as actitudes persoais adquiridas. O concepto de competencia inclúe tanto os  saberes como as habilidades e as actitudes e vai mais alá do saber e do saber facer, incluíndo o saber ser ou estar.”

Entón sería sensato decir que o obxectivo principal que temos que perseguir na educación dos nosos alumn@s é o seguinte:

Conseguir que o alumn@ resolva ( positivamente ) calqueira reto ou situación problemática, tanto no mundo académico coma no real ou persoal, poñendo en uso todos os seus recursos… Nin máis nin menos!

 E isto é o que se di no currículo de CCSS sobre a competencia en comunicación lingüística :

“Na medida en que a linguaxe é un vehículo imprescindible de comunicación no proceso de ensinanza aprendizaxe, a competencia en comunicación lingüística resulta imprescindible. A lingua é o principal instrumento para organizar o pensamento, para aprender e para explicar. Co discurso é posible describir, narrar, disertar e argumentar, e así mesmo, adquirir un vocabulario preciso e específico das ciencias sociais que deberá asumir o alumnado, como tamén a capacidade para utilizalo e xeneralizalo correctamente.

Esta competencia implica o dominio das habilidades de ler e escribir diferentes tipos de textos cada vez máis complexos e que resultan fundamentais como elementos de información social e histórica. Trátase de ser capaces de expoñer clara e sistematicamente as ideas, argumentando con rigor e precisión.”

En definitiva, e resumindo, que o alumn@ lea, comprenda o que le  e se exprese ( oralmente e por escrito ) dun xeito adecuado. Simple, non si?

Preghúntome …

Na escola …. Primeiro de todo, precisemos: na escola, no instituto, que buscamos? Instruímos ou ensinamos? Só ensinamos ou educamos?

Na escola que pretende educar, cal é o obxectivo a perseguir? Encher a cabeza do alumn@ de contidos, conceptuais na súa maioría e repetibles mecanicamente tal e como se lles presentan aos alumnos ( Copia 1000 veces: Esquecerei o que aprendín hoxe dentro dun mes )? Ou darlle ferramentas para a vida,ferramentas  non para ser barbeiro ou médica, ferramentas para pensar, buscar, criticar, investigar, concluir, expresarse? .  Como e para que está pensado e organizado o sistema educativo ?

Buscamos só cuantificar, clasificar por resultados numéricos baseándonos en aspectos facilmente observables? Deshumanizamos a educación?  Deixamos fóra do sistema as variables difícilmente obxectivables: sentimentos, capacidades, potencialidades, relacións, imaxinación, creatividade,…. intelixencia?

A %d blogueros les gusta esto: