Arquivo do blog

O anel do Rei Salomón 3: A necesidade de significar, de facer saber.

O home ten a necesidade de almacenar, intercambiar e transmitir información. Ten a necesidade de comunicarse en todos os ámbitos da cultura e do coñecemento. E aí estamos nós. Ogallá poideramos uar o anel do rei Salomón, aquel que según a lenda, lle outorgaba sabiduría e lle permitía comunicarse coas bestas.

Mais non é así. Por iso a linguaxe non pode deixar de significar, de facer saber. A palabra é a base da comunicación mestre- alumno, é o piar do coñecemento e do proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Si un texto coma o seguinte:

A actividade económica é o conxunto de actividades que o ser humano realiza para satisfacer as súas necesidades, tanto básicas  coma non básicas .Con estas actividades obtemos bens e servizos. As empresas obteñen bens e servizos para que o ser humano satisfaga as súas necesidades.

 Coas correspondentes preguntas ( fáciles de contestar para calquera rapaz de ESO):

  • Que é a actividade económica?
  • Que 2 tipos de necesidades hai?
  • Que obtemos con estas actividades?
  • Que obteñen as empresas?
  • Para que ?

O traducimos a un idioma imaxinario coma este:

A ramoneda sortiza é o compo de ramonedas que o tropo trona para roceter as súas peteas, tanto vestas coma non vestas. Con estas ramonedas gapamos trans e trons. As metisas gapan trans e trons para que o tropo rocete as súas potas.

 Eses mesmos alumnos serían quen de contestar ás seguintes cuestións tamén de xeito sinxelo:

  • Que é a ramoneda sortiza?
  • Que 2 tipos de peteas hai?
  • Que gapamos con estas ramonedas?
  • Que gapan as metisas?
  • Para que ?

Teremos que ir na busca do tan preciado anel para acadar a aprendizaxe significativa, tamén tan desexada.

A %d blogueros les gusta esto: