Arquivo do blog

O anel do Rei do Rei Salomón 4: a linguaxe utilizada e o proceso de comprensión

A transmisión de coñecementos na área de CC.SS lévase a cabo fundamentalmente a través do uso da linguaxe escrita ( textos ) e oral, tanto de fontes históricas, literarias, xornalísticas, documentais, musicais,….: textos narrativos, descritivos, argumentativos, instrutivos, reportaxes. Pero tamén debemos ter en conta outras linguaxes:

  • Gráfica: climogramas, evolución da poboación, liñas temporais,…
  • Iconográfica: pintura, escultura, arquitectura, fotografía, ……
  • Cartográfica: mapas xeográficos e históricos, fotografía aérea ou de satélite, mapas isobáricos e meteorolóxicos, mapas temáticos ( densidade de poboación, de climas, de distribución sectores económicos,…. )
  • Numérica e estatística: datos xeográficos ( climáticos, de relevo, demográficos, económicos,….) ou históricos ( distribución de rendas, crises económicas, demografía histórica, produción industrial ou agraria,….)

Aí estarían os contidos propios da materia. O alumno enfróntase a eles moitas veces ( eu diría que na maioría delas ) sen as ferramentas adecuadas para a súa comprensión. Debemos facilitar os procesos que levan ao que sería a interiorización dos contidos que lles amosan esas fontes de información:

–  O  mestre facilita a comprensión: falamos e falamos ( seguro que de máis ), pero sobre todo debemos artellar un porceso a través de actividades ben entrelazadas e coordinadas entre sí. A análise e interpretación ( obxectiva, pero tamén crítica e mesmamente subxectiva nalgúns casos ) das fontes de información debe ser o fío condutor do proceso.

–  O alumno esfórzase no proceso: busca, observa, analiza, reflexiona, colabora e traballa en equipo, entra en relación co mundo exterior, avalía, aplica … E aprende. Si, memoriza contidos, pero sobre todo aprende.

E todo é moito menos “glamuroso” do que parecen do que moitos proxectos educativos nos presentan no seu “produto final” O día a día, o cotidiano é extraer información  de diversas fontes ( Ideas principais e secundarias dun texto, simboloxía nunha pintura, carácterísticas de estilo arquitectónico nun edificio, tendencias en gráficas de evolución, …. ), chegar a conclusións e conceptualizacións (localización espazo-xeográfica e temporal dun feito histórico, características demográficas, climáticas, …. a partires dunha gráfica …), actividades de lectura atenta, subliñado, resumos, esquemas, mapas conceptuais,…

No camiño da aprendizaxe, non se pode prescindir dunha interacción oral que confronte parececes, puntos de vista, coñecementos paralelos ou tranversais, que poña as dúbidas sobre a mesa, que nos leve a conceptualizacións colectivas,…

–  Debates

–  Continuo diálogo mestre-alumn@ e alumn@-alumn@

–  Intercambios de ideas e pareceres.

–  Chegar a conclusións concretas sobre o tema en cuestión.

A %d blogueros les gusta esto: