Arquivo do blog

O anel do Rei Salomón 2: linguaxe e cultura

O prezo que temos que pagar por falar: atafegarse (1). E non é broma, o resto de animais poden respirar e beber ao mesmo tempo. Foron necesario millóns de anos de evolución para que o home – e a muller – poidera chegar a falar – e atafegarse- , pero sobre todo para comunicar.

E así, por fin, o home falou, comunicouse, progresou e creou cultura. Sen linguxe, non hai cultura. Poderiamos decir que nos cimentos da cultura, incluso de toda organización social,  está a linguaxe. Poderiamos afirmar que unha e outra están feitas do mesmo material (2)

A linguaxe construía cultura e transmitía coñecemento. Os contadores de contos eran unha peza básica  no entramado social e cultural dos pobos primitivos. Coa linguaxe escrita, damos un paso adiante.

Os profesores somos coma eses contadores de contos primitivos. Intentamos transmitir cultura e que esta se interiorice por parte dos alumnos. Falamos, moito ( é necesario ),… ás veces demasiado ( eu, o primeiro ). Pero os alumn@s  teñen tamén que utilizar a linguaxe en todas súas versión ( gráfica, cartográfica, matemática, oral, escrita …)

A  seguinte pregunta leva consigo a resposta: ¿Terá, xa que logo, relevancia a competencia lingüística na área de CC.SS. – ou en calquera outra?

(1) Arsuaga, J.L. e Martinez, I.: La especie elegida, 1998

(2) “ Da  linguaxe pode decirse que é unha condición da cultura, porque o material de que a linguaxe está feita é do mesmo tipo que o material do que está feita toda a cultura” (Lévi-Strauss, Claude, Antropoloxía estrutural, 1963 )

A %d blogueros les gusta esto: