A educación en Finlandia: un modelo que invita á reflexión
Invítovos a ler o seguinte artigo sobre a educación en Finlandia ( http://cedec.ite.educacion.es/es/kubyx/2012/11/08/81-finlandia-itomamos-nota ), así como a ver o documental O fenómeno finlandés:
O anel do Rei Salomón 7: exemplos prácticos
EXEMPLO 1: TEXTOS A PARTIR DE IMAXES.
EXEMPLO 2: Webquest :
EXEMPLO 3: A ESCOLA DOS AV@S
O anel do Rei Salomón 6: A Avaliación
Para o proceso final de avaliación en comunicación lingüística ( escrita e oral ), debemos ter en conta unha serie de criterios xerais básicos:
- Extrae información adecuada e plenamente tratada. Diferencia ideas principais e secundarias.
- Uso dun vocabulario específico e variado.
- Orde e fluidez. Expón os contidos con claridade, indo de xeral ó particular.
- Utiliza medios gráficos, cartográficos, iconográficos e audiovisuiais que facilitan en gran medida a comprensión dos contidos por parte do lector – oínte.
@ alumn@ deberá ter sempre presente unha rúbrica de avaliación moi clara sobre os aspectos que van ser avaliados en en que grao van influir na cualificación final. Un exemplo podería ser a rúbrica de avaliación dunha webquest:
Categoría | Excelente ( 5 puntos ) | Ben ( 3 puntos ) | Mellorable ( 1 puntos) | Deficiente ( 0 puntos ) | PUNTUACIÓN |
Recursos e Tratamento da información | Utiliza todos os recursos correctamente e extrae información adecuada e peciamente tratada. | Fai uso da maioría dos recursos | Usa poudos recursos e fai un tratamento mínimo da información | Información non tratada, desordeada , e copia e pega | |
Vocabulario | Uso dun vocabulario específico e variado. | Presenta algún erro tanto no uso de vocabulario como de artografía | Bastantes erros ortográficos e uso mínimo de vocabulario específico. | Comete frecuentes erros de ortografía, gramática e usa un vocabulario inadecuado ós contidos. | |
Traballo escrito | Información, orde, claridade, fluidez , creatividade, orixinalidade | Presenta un traballo ordeado e cun mínimo de claridade | Contidos faltos de claridade, ainda que minimamente comprensibles | Presentación deficiente e contido desordeado e non traballado peviamente . | |
Traballo audiovisual | Orixinalidade e grao de impacto alto no público. Facilita en gran medida a comprensión dos contidos do traballo excrito | Plasman de xeito máis ou menos claros as ideas do traballo escrito. | Mínimo traballo creativo e se presentan ideas e contidos ó chiou. | Non se observa esforzo ningún , desorde na prsentación, e unha falta absoluta de creatividade | |
Traballo en grupo | Nivel alto de coordinación e cooperación entre os conmpoñentes, así como ausencia de conflictividade. | Traballaron de xeito coordinado e reparten as tarefas de forma adecuada. | Hai lagoas de contidos debido á falta de coordinación e coperación grupal. | Conflictos coninuos dentro do grupo, co sultado dunha total descoordinación do equipo de traballo |
O anel do Rei Salomón 5: comunicar o aprendido. As producións dos alumnos
Debemos facilitar os procesos que levan á comprensión das fontes de información, pero tamén á súa produción, que o alumno leve a cabo o traballo intelectual de intentar expresar os coñecementos adquiridos no esforzo previo da comprensión. Estes poderían ser algúns exemplos:
- Textos narrativos: p.ex. textos que conteñen feitos históricos.
- Textos descritivos: descrición de paisaxes, obras de arte, exposicións orais, …
- Textos expositivos: exposición de procesos xeográficos ou históricos ( ciclo da auga, ciclos demográficos, proceso de formación das montañas, a revolución francesa,…. ), exposición de traballos colectivos ou individuais,…
- Textos argumentativos: debates, conclusións finais subxectivas, en temas coma a crise alimentaria, o porque das guerras, a globalización, as causa de procesos históricos concretos e a súa influencia na actualidade ( o nazismo, a crise do petróleo, …), conclusións finais obxectivas que cimentes as subxectivas, …
- Textos instrutivos: como elaborar unha gráfica, como construir un pluviómtero, …
- Reportaxes: completos traballos sobre un tema onde botamos man de diferentes recursos comunicativos:
- Diferentes tipos de textos ( exposición, argumentación,…)
- Imaxe ( fotografía e vídeo )
- Glosarios ( vocabulario específico )
- Recursos TIC:
- Presentacións
- Montaxe de vídeo
- Actividades TIC diversas on-line ( blogues de alumn@, liñas do tempo, xogos, actividades flash, mapas interactivos, enlaces a webs de referencia,….)
O anel do Rei do Rei Salomón 4: a linguaxe utilizada e o proceso de comprensión
A transmisión de coñecementos na área de CC.SS lévase a cabo fundamentalmente a través do uso da linguaxe escrita ( textos ) e oral, tanto de fontes históricas, literarias, xornalísticas, documentais, musicais,….: textos narrativos, descritivos, argumentativos, instrutivos, reportaxes. Pero tamén debemos ter en conta outras linguaxes:
- Gráfica: climogramas, evolución da poboación, liñas temporais,…
- Iconográfica: pintura, escultura, arquitectura, fotografía, ……
- Cartográfica: mapas xeográficos e históricos, fotografía aérea ou de satélite, mapas isobáricos e meteorolóxicos, mapas temáticos ( densidade de poboación, de climas, de distribución sectores económicos,…. )
- Numérica e estatística: datos xeográficos ( climáticos, de relevo, demográficos, económicos,….) ou históricos ( distribución de rendas, crises económicas, demografía histórica, produción industrial ou agraria,….)
Aí estarían os contidos propios da materia. O alumno enfróntase a eles moitas veces ( eu diría que na maioría delas ) sen as ferramentas adecuadas para a súa comprensión. Debemos facilitar os procesos que levan ao que sería a interiorización dos contidos que lles amosan esas fontes de información:
– O mestre facilita a comprensión: falamos e falamos ( seguro que de máis ), pero sobre todo debemos artellar un porceso a través de actividades ben entrelazadas e coordinadas entre sí. A análise e interpretación ( obxectiva, pero tamén crítica e mesmamente subxectiva nalgúns casos ) das fontes de información debe ser o fío condutor do proceso.
– O alumno esfórzase no proceso: busca, observa, analiza, reflexiona, colabora e traballa en equipo, entra en relación co mundo exterior, avalía, aplica … E aprende. Si, memoriza contidos, pero sobre todo aprende.
E todo é moito menos “glamuroso” do que parecen do que moitos proxectos educativos nos presentan no seu “produto final” O día a día, o cotidiano é extraer información de diversas fontes ( Ideas principais e secundarias dun texto, simboloxía nunha pintura, carácterísticas de estilo arquitectónico nun edificio, tendencias en gráficas de evolución, …. ), chegar a conclusións e conceptualizacións (localización espazo-xeográfica e temporal dun feito histórico, características demográficas, climáticas, …. a partires dunha gráfica …), actividades de lectura atenta, subliñado, resumos, esquemas, mapas conceptuais,…
No camiño da aprendizaxe, non se pode prescindir dunha interacción oral que confronte parececes, puntos de vista, coñecementos paralelos ou tranversais, que poña as dúbidas sobre a mesa, que nos leve a conceptualizacións colectivas,…
– Debates
– Continuo diálogo mestre-alumn@ e alumn@-alumn@
– Intercambios de ideas e pareceres.
– Chegar a conclusións concretas sobre o tema en cuestión.
O anel do Rei Salomón 3: A necesidade de significar, de facer saber.
O home ten a necesidade de almacenar, intercambiar e transmitir información. Ten a necesidade de comunicarse en todos os ámbitos da cultura e do coñecemento. E aí estamos nós. Ogallá poideramos uar o anel do rei Salomón, aquel que según a lenda, lle outorgaba sabiduría e lle permitía comunicarse coas bestas.
Mais non é así. Por iso a linguaxe non pode deixar de significar, de facer saber. A palabra é a base da comunicación mestre- alumno, é o piar do coñecemento e do proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Si un texto coma o seguinte:
A actividade económica é o conxunto de actividades que o ser humano realiza para satisfacer as súas necesidades, tanto básicas coma non básicas .Con estas actividades obtemos bens e servizos. As empresas obteñen bens e servizos para que o ser humano satisfaga as súas necesidades.
Coas correspondentes preguntas ( fáciles de contestar para calquera rapaz de ESO):
- Que é a actividade económica?
- Que 2 tipos de necesidades hai?
- Que obtemos con estas actividades?
- Que obteñen as empresas?
- Para que ?
O traducimos a un idioma imaxinario coma este:
A ramoneda sortiza é o compo de ramonedas que o tropo trona para roceter as súas peteas, tanto vestas coma non vestas. Con estas ramonedas gapamos trans e trons. As metisas gapan trans e trons para que o tropo rocete as súas potas.
Eses mesmos alumnos serían quen de contestar ás seguintes cuestións tamén de xeito sinxelo:
- Que é a ramoneda sortiza?
- Que 2 tipos de peteas hai?
- Que gapamos con estas ramonedas?
- Que gapan as metisas?
- Para que ?
Teremos que ir na busca do tan preciado anel para acadar a aprendizaxe significativa, tamén tan desexada.
O anel do Rei Salomón 2: linguaxe e cultura
O prezo que temos que pagar por falar: atafegarse (1). E non é broma, o resto de animais poden respirar e beber ao mesmo tempo. Foron necesario millóns de anos de evolución para que o home – e a muller – poidera chegar a falar – e atafegarse- , pero sobre todo para comunicar.
E así, por fin, o home falou, comunicouse, progresou e creou cultura. Sen linguxe, non hai cultura. Poderiamos decir que nos cimentos da cultura, incluso de toda organización social, está a linguaxe. Poderiamos afirmar que unha e outra están feitas do mesmo material (2)
A linguaxe construía cultura e transmitía coñecemento. Os contadores de contos eran unha peza básica no entramado social e cultural dos pobos primitivos. Coa linguaxe escrita, damos un paso adiante.
Os profesores somos coma eses contadores de contos primitivos. Intentamos transmitir cultura e que esta se interiorice por parte dos alumnos. Falamos, moito ( é necesario ),… ás veces demasiado ( eu, o primeiro ). Pero os alumn@s teñen tamén que utilizar a linguaxe en todas súas versión ( gráfica, cartográfica, matemática, oral, escrita …)
A seguinte pregunta leva consigo a resposta: ¿Terá, xa que logo, relevancia a competencia lingüística na área de CC.SS. – ou en calquera outra?
(1) Arsuaga, J.L. e Martinez, I.: La especie elegida, 1998
(2) “ Da linguaxe pode decirse que é unha condición da cultura, porque o material de que a linguaxe está feita é do mesmo tipo que o material do que está feita toda a cultura” (Lévi-Strauss, Claude, Antropoloxía estrutural, 1963 )
O anel do Rei Salomón 1: A COMPETENCIA LINGÜÍSTICA NO CURRÍCULO DE CC.SS.
Isto é o que se di no currículo oficial de ESO ( Decreto 133/2007) sobre o que é unha competencia:
“Unha posible definición de competencia básica podería ser a capacidade de poñer en práctica de forma integrada, en contextos e situacións diversos, os coñecementos, as habilidades e as actitudes persoais adquiridas. O concepto de competencia inclúe tanto os saberes como as habilidades e as actitudes e vai mais alá do saber e do saber facer, incluíndo o saber ser ou estar.”
Entón sería sensato decir que o obxectivo principal que temos que perseguir na educación dos nosos alumn@s é o seguinte:
Conseguir que o alumn@ resolva ( positivamente ) calqueira reto ou situación problemática, tanto no mundo académico coma no real ou persoal, poñendo en uso todos os seus recursos… Nin máis nin menos!
E isto é o que se di no currículo de CCSS sobre a competencia en comunicación lingüística :
“Na medida en que a linguaxe é un vehículo imprescindible de comunicación no proceso de ensinanza aprendizaxe, a competencia en comunicación lingüística resulta imprescindible. A lingua é o principal instrumento para organizar o pensamento, para aprender e para explicar. Co discurso é posible describir, narrar, disertar e argumentar, e así mesmo, adquirir un vocabulario preciso e específico das ciencias sociais que deberá asumir o alumnado, como tamén a capacidade para utilizalo e xeneralizalo correctamente.
Esta competencia implica o dominio das habilidades de ler e escribir diferentes tipos de textos cada vez máis complexos e que resultan fundamentais como elementos de información social e histórica. Trátase de ser capaces de expoñer clara e sistematicamente as ideas, argumentando con rigor e precisión.”
En definitiva, e resumindo, que o alumn@ lea, comprenda o que le e se exprese ( oralmente e por escrito ) dun xeito adecuado. Simple, non si?
Preghúntome …
Na escola …. Primeiro de todo, precisemos: na escola, no instituto, que buscamos? Instruímos ou ensinamos? Só ensinamos ou educamos?
Na escola que pretende educar, cal é o obxectivo a perseguir? Encher a cabeza do alumn@ de contidos, conceptuais na súa maioría e repetibles mecanicamente tal e como se lles presentan aos alumnos ( Copia 1000 veces: Esquecerei o que aprendín hoxe dentro dun mes )? Ou darlle ferramentas para a vida,ferramentas non para ser barbeiro ou médica, ferramentas para pensar, buscar, criticar, investigar, concluir, expresarse? . Como e para que está pensado e organizado o sistema educativo ?
Buscamos só cuantificar, clasificar por resultados numéricos baseándonos en aspectos facilmente observables? Deshumanizamos a educación? Deixamos fóra do sistema as variables difícilmente obxectivables: sentimentos, capacidades, potencialidades, relacións, imaxinación, creatividade,…. intelixencia?